Buscar

ADE Santiago – SdG

Pascua Scout – Arzúa 2017

  • A quen vai dirixido?
    • Pioneiros/as e Rotas de Scouts de Galicia – ECG
  • Canto custa?
    • 40€ por persoa (non inclúe o transporte)
  • Horario?
    • Comeza o xoves 13 de Abril ás 12h
  • Como inscribirse?
    • O teu grupo ten que enviar un correo co número total de asistentes antes do día 31 de marzo a adesantiago@scoutsgalicia.org
  • Que levar?
    • Material propio de acampada
Anuncios

Reunión cos Párrocos e consiliarios da asociación

O pasado venres 5 de setembro reunironse e compartiron mesa  párrocos e consiliarios de ade de Santiago, co fin de convivir entre eles, facer unha análise de cada realidade scout, identificando fortalezas e debilidades. Participaron os párrocos de San José Obrero, San Francisco Xabier, Nosa Señora dos  Rosales e Santa María de Sada, xunto coa Mesa de goberno Diocesana…la fotoempezamos a sementar!

Insignia scout de ADE de SANTIAGO

Os grupos scouts da Ade de Santiago xa teñen a insignia da asociación.

Debe de ir centrada 2 cms por debaixo da flor de lis mundial en caso de rangers, pioneiros, rotas e responsables e os lobecos debaixo da súa insignia na manga esquerda da camisa.

photo_2014-07-07_14-14-34

Fin de semana intenso

O venres día 9 ás oito da tarde, celebrouse unha reunión da mesa de tesoureiros de ade, na sede da asociación, revisouse o actual modelo da folla de banco e caixa, ademais de mirar posibles vías de autofinanciamento tanto de ade como para os grupos, saíron ideas interesantes que se exploraran.
Ao día seguinte sábado o grupo scout Nyeri, realizou a súa tradicional churrascada na fonte dos surfistas da coñecida praia do Orzán, grande asistencia de familias, antigos, amigos, membros doutros grupos e de ade; ademais de xente que estaba de percorrido polo paseo marítimo.
Tamén de churrascada pero neste caso só para as familias e amigos foi a churrascada que celebrou o grupo Stoas o domingo na área recreativa de Sabón, onde foron acompañados polo delegado diocesano.
Foi tamén o domingo cando empezou a acampada de lobecos do grupo Ahadi da Coruña, a manda trasladouse a Sada ata o luns á tarde, durmindo nos locais do grupoRonsel.

IMG-20140623-WA0008 IMG-20140623-WA0005 IMG-20140623-WA0006 IMG-20140623-WA0007IMG-20140623-WA0001IMG-20140623-WA0004 IMG-20140623-WA0002 IMG-20140623-WA0000

O Grupo Scout Ronsel, celebrou este fin de semana a súa festa de aniversario. E xa van 15 anos!

O sábado 13 de xuño  no Albergue Xuvenil de Gandario, reuníronse para pasar o día, tanto os actuais membros do grupo, coma os antigos, os seus familiares, amigos do grupo e representantes de khanhiwara, Nyeri, Stoas e da ADE de Santiago (David, Manolo e Adri). Coa sorte dun día radiante de sol, compartimos a Eucaristía, presidida polo párroco de Sada e Consiliario do grupo Joaquín Varela e concelebrada con Manuel C. Cachaldora Consiliario de ADE, tamén unhas palabras dun representante do kraal, outro dos fundadores e outro dos pais, unha espectacular comida, con sobremesa co Grupo de Gaites de Santaia e unha palabras de David Miguez en nome de ADE, xogos para os máis pequenos, unha espectacular torta de aniversario e unha exposición fotográfica.

Grazas por estes 15 primeiros anos……………….COA MIRADA POSTA NO FUTURO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

IMG-20140615-WA0013

IMG-20140615-WA0009

IMG-20140615-WA0006
image

image

CRG 11 DE MAIO

Este domingo realizouse o 1o Consello de Responsables de Grupo na nova sede da asociación, entre outros temas tratáronse a situación dos grupos da ade, as próximas actividades e os campamentos de verán…
Remátase o curso e tamén as datas libres estamos todos á carreira   pero sempre…..COA MIRADA POSTA NO FUTURO!

IMG-20140511-WA0021

I DÍA DA FAMILIA. 10/05/14

O pasado sábado día 10 de maio participamos no I DIA DA FAMILIA, organizado polas parroquias da Coruña e arredores, este encontro que pretende perpetuarse co tempo, organizouse no Colexio San José de Calasanz do  Coruñes barrio dos Rosais.

Coa idea de realizar unha convivencia de familias, o día comezou cunha dinámica benvida para despois proceder con actividades por idades, encargándonos os scouts dunha Ximcana para nenos de 8 a 13 anos. Tras esta actividade, desfrutamos dunha comida compartida todos xuntos.

Xa pola tarde máis de 14 organizacións relacionadas coa igrexa participamos en EXPO IGREXA onde puidemos dar a coñecer o noso movemento a todas aquelas persoas interesadas; rematando o día cunha eucaristía presidida polo noso Arcebispo D Xulián.


Os scouts tamén estivemos encargados do servizo de acollida e orde; ademáis de responsables dos grupos scouts da asociación, os grupos Ahadi e Stoas  participaron tamén cos seus rapaces.

IMG-20140510-WA0002 IMG-20140511-WA0003 IMG-20140511-WA0009

Comida conmemorativa do XV Aniversario de Ronsel

O evento que tanto estaba a agardar este ano o Grupo Scout Ronsel de Sada xa ten data e lugar! A comida conmemorativa do seu XV Aniversario terá lugar o sábado 14 de xuño ás 13h no Albergue Xuvenil de Gandarío.

O kraal do Grupo Scout Ronsel está a poñer toda a súa ilusión na organización desta festa, que máis alá dunha comida será un espazo de reencontro e diversión no que conmemorar os 15 anos de andaina do grupo. Por iso, todos os antigos membros, amigos, familias e demais xente vinculada a Ronsel está convidada a disfutar dunha xornada que terá momentos de xogo, maxia, música, comida, recordos e moitas cousas máis!

Para acudir a esta comida, tan só hai que facer dúas cousas:

  1. Confirmar a túa asistencia e a dos teus acompañantes antes do domingo 1 de xuño
  2. Ingresar 10€/persoa na conta bancaria de Ronsel ou pagarllos ó tesoureiro do grupo

Non o dubides e celebra con Ronsel este aniversario, porque como din eles, RONSEL UN DÍA, RONSEL SEMPRE!

invitaciónface_horizontal

Un local que toma forma de sede

Esta semana, e mais concretamente a xornada do xoves e o venres, foi moi productiva, pois demos un paso de xigante para converter o que hai pouco tempo era un local que nos cederan nunha sede que todos poidamos chamar NOSA.

Nestes días quedou feito o tabique que divide a parte que se nos concedeu do resto do local, e tamén a instalación eléctrica, para o que nuns días o suministro estará activo.

Nova Galicia Banco tamén aportou o seu gran de área dándonos mobles para a sede, tales coma mesas, armarios e cadeiras; os cales montamos e colocamos durante o día do venres, ademáis dunha limpeza a fondo e decoración dos espazos.

Contaremos cun espazo de convivencia, un baño, sala de xuntas, almacén e un despacho, que pouco a pouco iremos mellorando e facendo deste lugar algo propio e agradable para traballar todos xuntos.

Aquí mostrámosvos unas fotos de como está actualmente a nosa nova sede, casi lista para estrear.

ImagenImagenImagenImagenImagenImagen

Blog de WordPress.com.

Subir ↑