Onte, día 27 de Febreiro, o noso arzobispo tivo a ben recibir á nova mesa para charlar do programa, estado da asociación e, por suposto, coñercer as caras dos que faremos todo o mellor que saibamos nestes 4 anos.
Don Xulián interesouse polo estado actual da nosa Ade e pola futuro da mesma, amosando a súa visión do movemento como algo moi útil e positivo na sociedade actual.
Foi unha reunión de aproximadamente unha hora na que nos atopamos moi cómodos, e queremos agradecer isto a Don Xulián, pola súa cercanía e gran simpatía connosco.
Deja una respuesta