Imagen

A asociación católica de propagandistas organizou do 13 ao 15 de marzo unhas xornadas co nome: Católicos na vida pública , nas que a asociación diocesana de escutismo foi invitada a participar. Este acto tivo lugar no centro Fonseca da Coruña, pertencente aos Xesuítas. 

 
O venres ás 19.30 realizouse unha mesa redonda presidida por Ignacio Garía Juradol, Catedrático da facultade de Informática da Universidade de A Coruña, e integrada por José María Santos Rodríguez, como Delegado Diocesano da Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela; Laura Ruíz Roca, membro de Pastoral Xuvenil e Letcia Hermida Porto, membro da comunidade de vida cristiá ou CVX.
 
Cada un destes ponentes presentou o movemento ou proxecto que representaba, explicando aos asistentes os orixes e traballo que levan a cabo. O noso Delegado presentou o movemento scout dando a coñecer a nosa identidade e finalidade educativa. Por outra banda, Laura Ruiz Roca explicou un proxecto que están desenvolvendo dentro de Pastoral Xuvenil e que naceu fai 15 anos promovido polo Padre Andrea. Este consiste en despertar nos xovenes creentes a súa fe mediante a anunciación de Deus a outros xovenes. Comezaron a traballar este ano, no que fixeron un curso de formación en Xaneiro e unha primeira actividade nunha parroquia pontevedresa. A súa intención é expadir a actuación a tódalas cidades galegas para o próximo curso. Por último, en representación de Leticia Hermida Porto, acudiu o seu marido Pablo, que tamén é membro do CVX, para contarnos como un grupo de xovenes e familias decidiron xuntarse e formar unha comunidade de oración e evanxelización, en torno aos valores cristiás presentes no evanxeo.