Esta semana, e mais concretamente a xornada do xoves e o venres, foi moi productiva, pois demos un paso de xigante para converter o que hai pouco tempo era un local que nos cederan nunha sede que todos poidamos chamar NOSA.

Nestes días quedou feito o tabique que divide a parte que se nos concedeu do resto do local, e tamén a instalación eléctrica, para o que nuns días o suministro estará activo.

Nova Galicia Banco tamén aportou o seu gran de área dándonos mobles para a sede, tales coma mesas, armarios e cadeiras; os cales montamos e colocamos durante o día do venres, ademáis dunha limpeza a fondo e decoración dos espazos.

Contaremos cun espazo de convivencia, un baño, sala de xuntas, almacén e un despacho, que pouco a pouco iremos mellorando e facendo deste lugar algo propio e agradable para traballar todos xuntos.

Aquí mostrámosvos unas fotos de como está actualmente a nosa nova sede, casi lista para estrear.

ImagenImagenImagenImagenImagenImagen

Anuncios