O evento que tanto estaba a agardar este ano o Grupo Scout Ronsel de Sada xa ten data e lugar! A comida conmemorativa do seu XV Aniversario terá lugar o sábado 14 de xuño ás 13h no Albergue Xuvenil de Gandarío.

O kraal do Grupo Scout Ronsel está a poñer toda a súa ilusión na organización desta festa, que máis alá dunha comida será un espazo de reencontro e diversión no que conmemorar os 15 anos de andaina do grupo. Por iso, todos os antigos membros, amigos, familias e demais xente vinculada a Ronsel está convidada a disfutar dunha xornada que terá momentos de xogo, maxia, música, comida, recordos e moitas cousas máis!

Para acudir a esta comida, tan só hai que facer dúas cousas:

  1. Confirmar a túa asistencia e a dos teus acompañantes antes do domingo 1 de xuño
  2. Ingresar 10€/persoa na conta bancaria de Ronsel ou pagarllos ó tesoureiro do grupo

Non o dubides e celebra con Ronsel este aniversario, porque como din eles, RONSEL UN DÍA, RONSEL SEMPRE!

invitaciónface_horizontal

Anuncios