O pasado sábado día 10 de maio participamos no I DIA DA FAMILIA, organizado polas parroquias da Coruña e arredores, este encontro que pretende perpetuarse co tempo, organizouse no Colexio San José de Calasanz do Coruñes barrio dos Rosais.
Coa idea de realizar unha convivencia de familias, o día comezou cunha dinámica benvida para despois proceder con actividades por idades, encargándonos os scouts dunha Ximcana para nenos de 8 a 13 anos. Tras esta actividade, desfrutamos dunha comida compartida todos xuntos.
Xa pola tarde máis de 14 organizacións relacionadas coa igrexa participamos en EXPO IGREXA onde puidemos dar a coñecer o noso movemento a todas aquelas persoas interesadas; rematando o día cunha eucaristía presidida polo noso Arcebispo D Xulián.
Os scouts tamén estivemos encargados do servizo de acollida e orde; ademáis de responsables dos grupos scouts da asociación, os grupos Ahadi e Stoas participaron tamén cos seus rapaces.
Deja una respuesta