Buscar

ADE Santiago – SdG

Categoría

ADE Santiago

Encontro con Don Xulián

Onte, día 27 de Febreiro, o noso arzobispo tivo a ben recibir á nova mesa para charlar do programa, estado da asociación e, por suposto, coñercer as caras dos que faremos todo o mellor que saibamos nestes 4 anos.

Don Xulián interesouse polo estado actual da nosa Ade e pola futuro da mesma, amosando a súa visión do movemento como algo moi útil e positivo na sociedade actual.

Foi unha reunión de aproximadamente unha hora na que nos atopamos moi cómodos, e queremos agradecer isto a Don Xulián, pola súa cercanía e gran simpatía connosco.

1908248_665578576822303_538062882_n 1902959_665574550156039_486174139_n 1901994_665578633488964_571627593_n

15º aniversario e día da parroquia. Ronsel

Onte, 23 de febreiro, deuse en Sada un acontecemento moi importante, e é que non ocorre todolos días que ún dos nosos grupos cumpla 15 anos e, aínda por riba, decidan celebralo con todos nós sendo os anfitrións nun día no que todos saímos cun sorriso na cara. Hata “El ideal Gallego” faise eco- da noticia, adicando un bo espazo ao evento. Picha aquí para ler a noticia.

Fumos un centear de scouts procedentes de A Coruña e Santiago, cunha participación moi boa tanto en cantidade como en calidade.

Ademais das fotos que colgue  Ronsel na súa páxina web e no perfil de facebook, nós ímonos adiantar para que vexades unha pequena selección de instantáneas da xornada.

Unha vez mais: Moitas Felicidades a Ronsel e gracias por acollernos a todos tan ben.

 

unha aperta coa man esquerda

01. Comida 02. Xogos por Sada 03. Despedida 04. Despedida 05. Agasallo ós participantes 06. Grupo Scout Ronsel cos agasallos

Mans á obra!

A nova mesa xa se atopa traballando con moitas ganas. Xa contamos con este novo espazo na web e un perfil de facebook para que todolos grupos poidan estar conectados dun xeito mais doado.

Pouco a pouco tentaremos facer “nada senón o mellor”!

asamblea

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑