Buscar

ADE Santiago – SdG

Categoría

Ronsel

Reunión cos Párrocos e consiliarios da asociación

O pasado venres 5 de setembro reunironse e compartiron mesa  párrocos e consiliarios de ade de Santiago, co fin de convivir entre eles, facer unha análise de cada realidade scout, identificando fortalezas e debilidades. Participaron os párrocos de San José Obrero, San Francisco Xabier, Nosa Señora dos  Rosales e Santa María de Sada, xunto coa Mesa de goberno Diocesana…la fotoempezamos a sementar!

Insignia scout de ADE de SANTIAGO

Os grupos scouts da Ade de Santiago xa teñen a insignia da asociación.

Debe de ir centrada 2 cms por debaixo da flor de lis mundial en caso de rangers, pioneiros, rotas e responsables e os lobecos debaixo da súa insignia na manga esquerda da camisa.

photo_2014-07-07_14-14-34

Fin de semana intenso

O venres día 9 ás oito da tarde, celebrouse unha reunión da mesa de tesoureiros de ade, na sede da asociación, revisouse o actual modelo da folla de banco e caixa, ademais de mirar posibles vías de autofinanciamento tanto de ade como para os grupos, saíron ideas interesantes que se exploraran.
Ao día seguinte sábado o grupo scout Nyeri, realizou a súa tradicional churrascada na fonte dos surfistas da coñecida praia do Orzán, grande asistencia de familias, antigos, amigos, membros doutros grupos e de ade; ademais de xente que estaba de percorrido polo paseo marítimo.
Tamén de churrascada pero neste caso só para as familias e amigos foi a churrascada que celebrou o grupo Stoas o domingo na área recreativa de Sabón, onde foron acompañados polo delegado diocesano.
Foi tamén o domingo cando empezou a acampada de lobecos do grupo Ahadi da Coruña, a manda trasladouse a Sada ata o luns á tarde, durmindo nos locais do grupoRonsel.

IMG-20140623-WA0008 IMG-20140623-WA0005 IMG-20140623-WA0006 IMG-20140623-WA0007IMG-20140623-WA0001IMG-20140623-WA0004 IMG-20140623-WA0002 IMG-20140623-WA0000

O Grupo Scout Ronsel, celebrou este fin de semana a súa festa de aniversario. E xa van 15 anos!

O sábado 13 de xuño  no Albergue Xuvenil de Gandario, reuníronse para pasar o día, tanto os actuais membros do grupo, coma os antigos, os seus familiares, amigos do grupo e representantes de khanhiwara, Nyeri, Stoas e da ADE de Santiago (David, Manolo e Adri). Coa sorte dun día radiante de sol, compartimos a Eucaristía, presidida polo párroco de Sada e Consiliario do grupo Joaquín Varela e concelebrada con Manuel C. Cachaldora Consiliario de ADE, tamén unhas palabras dun representante do kraal, outro dos fundadores e outro dos pais, unha espectacular comida, con sobremesa co Grupo de Gaites de Santaia e unha palabras de David Miguez en nome de ADE, xogos para os máis pequenos, unha espectacular torta de aniversario e unha exposición fotográfica.

Grazas por estes 15 primeiros anos……………….COA MIRADA POSTA NO FUTURO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

IMG-20140615-WA0013

IMG-20140615-WA0009

IMG-20140615-WA0006
image

image

15º aniversario e día da parroquia. Ronsel

Onte, 23 de febreiro, deuse en Sada un acontecemento moi importante, e é que non ocorre todolos días que ún dos nosos grupos cumpla 15 anos e, aínda por riba, decidan celebralo con todos nós sendo os anfitrións nun día no que todos saímos cun sorriso na cara. Hata “El ideal Gallego” faise eco- da noticia, adicando un bo espazo ao evento. Picha aquí para ler a noticia.

Fumos un centear de scouts procedentes de A Coruña e Santiago, cunha participación moi boa tanto en cantidade como en calidade.

Ademais das fotos que colgue  Ronsel na súa páxina web e no perfil de facebook, nós ímonos adiantar para que vexades unha pequena selección de instantáneas da xornada.

Unha vez mais: Moitas Felicidades a Ronsel e gracias por acollernos a todos tan ben.

 

unha aperta coa man esquerda

01. Comida 02. Xogos por Sada 03. Despedida 04. Despedida 05. Agasallo ós participantes 06. Grupo Scout Ronsel cos agasallos

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑