Buscar

ADE Santiago – SdG

Categoría

Stoas

Reunión cos Párrocos e consiliarios da asociación

O pasado venres 5 de setembro reunironse e compartiron mesa  párrocos e consiliarios de ade de Santiago, co fin de convivir entre eles, facer unha análise de cada realidade scout, identificando fortalezas e debilidades. Participaron os párrocos de San José Obrero, San Francisco Xabier, Nosa Señora dos  Rosales e Santa María de Sada, xunto coa Mesa de goberno Diocesana…la fotoempezamos a sementar!

Insignia scout de ADE de SANTIAGO

Os grupos scouts da Ade de Santiago xa teñen a insignia da asociación.

Debe de ir centrada 2 cms por debaixo da flor de lis mundial en caso de rangers, pioneiros, rotas e responsables e os lobecos debaixo da súa insignia na manga esquerda da camisa.

photo_2014-07-07_14-14-34

Fin de semana intenso

O venres día 9 ás oito da tarde, celebrouse unha reunión da mesa de tesoureiros de ade, na sede da asociación, revisouse o actual modelo da folla de banco e caixa, ademais de mirar posibles vías de autofinanciamento tanto de ade como para os grupos, saíron ideas interesantes que se exploraran.
Ao día seguinte sábado o grupo scout Nyeri, realizou a súa tradicional churrascada na fonte dos surfistas da coñecida praia do Orzán, grande asistencia de familias, antigos, amigos, membros doutros grupos e de ade; ademais de xente que estaba de percorrido polo paseo marítimo.
Tamén de churrascada pero neste caso só para as familias e amigos foi a churrascada que celebrou o grupo Stoas o domingo na área recreativa de Sabón, onde foron acompañados polo delegado diocesano.
Foi tamén o domingo cando empezou a acampada de lobecos do grupo Ahadi da Coruña, a manda trasladouse a Sada ata o luns á tarde, durmindo nos locais do grupoRonsel.

IMG-20140623-WA0008 IMG-20140623-WA0005 IMG-20140623-WA0006 IMG-20140623-WA0007IMG-20140623-WA0001IMG-20140623-WA0004 IMG-20140623-WA0002 IMG-20140623-WA0000

Blog de WordPress.com.

Subir ↑