Buscar

ADE Santiago – SdG

Categoría

Uncategorized

Comida conmemorativa do XV Aniversario de Ronsel

O evento que tanto estaba a agardar este ano o Grupo Scout Ronsel de Sada xa ten data e lugar! A comida conmemorativa do seu XV Aniversario terá lugar o sábado 14 de xuño ás 13h no Albergue Xuvenil de Gandarío.

O kraal do Grupo Scout Ronsel está a poñer toda a súa ilusión na organización desta festa, que máis alá dunha comida será un espazo de reencontro e diversión no que conmemorar os 15 anos de andaina do grupo. Por iso, todos os antigos membros, amigos, familias e demais xente vinculada a Ronsel está convidada a disfutar dunha xornada que terá momentos de xogo, maxia, música, comida, recordos e moitas cousas máis!

Para acudir a esta comida, tan só hai que facer dúas cousas:

  1. Confirmar a túa asistencia e a dos teus acompañantes antes do domingo 1 de xuño
  2. Ingresar 10€/persoa na conta bancaria de Ronsel ou pagarllos ó tesoureiro do grupo

Non o dubides e celebra con Ronsel este aniversario, porque como din eles, RONSEL UN DÍA, RONSEL SEMPRE!

invitaciónface_horizontal

A Ade de Santiago ten nova sede!!

Hoxe todos estamos de noraboa!
Esta mesma tarde o noso delegado Chema Santos asinou unha cesión dunha entreplanta que servirá de sede para a nosa Ade. Isto marca un punto e aparte nas nosas relacións coa sociedade civil xa que dita cesión foi por parte de Supermercados Gadis.
A nosa próxima Sede está situada na Rúa Antonio Noche, nº7, do popular barrio coruñés do Castrillón. Ten entrada independente pola Rúa Antonio Ríos.

En breve esperamos convidarvos a todos e todas para que podades coñecelo.
Seguro que entre todos faremos desta unha casa para todos na que sentirnos cómodos traballando para mellorar a calidade do noso traballo.

Imagen

Asistimos ás Xornadas «Católicos na vida pública»

Imagen

A asociación católica de propagandistas organizou do 13 ao 15 de marzo unhas xornadas co nome: Católicos na vida pública , nas que a asociación diocesana de escutismo foi invitada a participar. Este acto tivo lugar no centro Fonseca da Coruña, pertencente aos Xesuítas. 

 
O venres ás 19.30 realizouse unha mesa redonda presidida por Ignacio Garía Juradol, Catedrático da facultade de Informática da Universidade de A Coruña, e integrada por José María Santos Rodríguez, como Delegado Diocesano da Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela; Laura Ruíz Roca, membro de Pastoral Xuvenil e Letcia Hermida Porto, membro da comunidade de vida cristiá ou CVX.
 
Cada un destes ponentes presentou o movemento ou proxecto que representaba, explicando aos asistentes os orixes e traballo que levan a cabo. O noso Delegado presentou o movemento scout dando a coñecer a nosa identidade e finalidade educativa. Por outra banda, Laura Ruiz Roca explicou un proxecto que están desenvolvendo dentro de Pastoral Xuvenil e que naceu fai 15 anos promovido polo Padre Andrea. Este consiste en despertar nos xovenes creentes a súa fe mediante a anunciación de Deus a outros xovenes. Comezaron a traballar este ano, no que fixeron un curso de formación en Xaneiro e unha primeira actividade nunha parroquia pontevedresa. A súa intención é expadir a actuación a tódalas cidades galegas para o próximo curso. Por último, en representación de Leticia Hermida Porto, acudiu o seu marido Pablo, que tamén é membro do CVX, para contarnos como un grupo de xovenes e familias decidiron xuntarse e formar unha comunidade de oración e evanxelización, en torno aos valores cristiás presentes no evanxeo.

Día da parroquia de Ronsel. 23/2/14

Este domingo día 23 de Febreiro, o Grupo Scout Ronsel será o anfitrión do resto de grupos da nosa diócese no seu día da parroquia.

Nesta ocasión trátase dun día da parroquia mais especial se cadra, pois este grupo celebra o seu 15º aniversario camiñando no escutismo.

Será, de seguro un día importante no que todos desfrutaremos ao máximo co que Ronsel nos teña preparado.

Blog de WordPress.com.

Subir ↑